O programa Galeuropa está dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
As estadías terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013.
A contía da axuda ascenderá a 2.400 € por participante por un período máximo de 8 semanas.
Requisitos de participación:
- Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
- Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
- Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
- Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
- Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de maio de 2013.
Podedes consultar a convocatoria no DOG de 29 de abril de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario