miércoles, 13 de marzo de 2013

ESTANCIAS PRÁCTICAS EN EMPRESAS ALEMÁS

PUBLICADO HOXE NA WEB DE XUVENTUDE DA XUNTA DE GALICIA


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Paideia ofertan 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña, durante unha estancia de 4 semanas.

Destinatarios e requisitos
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade, que cumpran os seguintes requisitos:
  • En situación de desemprego laboral superior a seis meses
  • Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional
  • Con experiencia laboral nos sectores ofertados (metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio)
Cobertura da estancia:
  • Empresa de acollida
  • Aloxamento e manutención
  • Billete de avión de ida e volta
  • Transporte ao posto de prácticas
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
  • Titorización personalizada durante toda a estadía.
 Datos xerais:
  • Saída prevista: finais de abril – principios de maio de 2013
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Karlsruhe (sureste de Alemaña)
  • Prazas: 10
  • Sectores de prácticas: metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio
O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 20 de marzo 

No hay comentarios:

Publicar un comentario