viernes, 25 de mayo de 2012

BOLSAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA


O Concello de Pontevedra convoca dúas bolsas de estudios ou becas para a realización de actividades de información, animación e promoción turística do concello.
  • Requisitos: estar en posesión da titulación de Técnicos/as Superiores en Información e Comercialización Turística e Diplomados en Turismo ou Diplomados/as en Turismo ou equivalente no momento da convocatoria de selección. A titulación debera ser, cando menos obtida no ano 2002 ou posterioride a esta data.
  • Importe da beca : 1050 € cada unha, que serán satisfeitas en seis mensualidades 
  • O período de duración : Comezará o 1 de xuño de 2012. A xornada será de 140 horas mensuais, distribuíndose estas en función das actividades nas que o Concello organice ou participe.
  • Prazo: 29 de maio de 2012.
As actividades que desenvolverán os becarios consistirá en tarefas de información, animación e promoción turística e se levarán a cabo tanto no propio municipio como en outros, en función do lugar en onde se celebren, e nas que o Concello decida participar.

Mais información: BOP de Pontevedra do 24 de maio de 2012. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario