miércoles, 30 de mayo de 2012

AXUDAS PARA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS


O pasado 28 de maio, o Ministerio de Educación publicou no BOE a convocatoria de ata 1.005 axudas de 728,77 € cada unha para poder realizar un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Serán beneficiarios destas axudas os futuros profesionais do ensino, isto é:
  • Os que finalizasen a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2010-2011, 2009-2010, ou 2008-2009, cunha nota media do expediente académico de, polo menos, 7,00 puntos.
  •  Os que finalizasen os estudos de Máster en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, cunha nota media no máster de, polo menos, 7,00 puntos.
Trátase de cursos focalizados especialmente a desenvolver as competencias da comunicación oral, e están especializados nas áreas de Sociais, Ciencias e Inglés. Os cursos terán lugar en Santander, Cuenca, Valencia ou Granada, no período comprendido entre o 8 de outubro e o 14 de decembro de 2012.
Podedes consultar máis información sobre estes cursos AQUÍ.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de xuño. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario