miércoles, 19 de septiembre de 2012

PROGRAMA YUZZ

 A Fundación Banesto impulsa este programa, dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos, coa finalidade de ofrecerlles novas oportunidades á mocidade con ideas innovadoras de carácter tecnolóxico que poidan ser susceptibles de traducirse nun proxecto empresarial. 
 A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo serán as cidades que entrarán a formar parte das outras 35 localidades españolas nas que xa está presente este programa 
O programa Yuzz pon a disposición dos seleccionados o soporte necesario para desenvolver a súa idea no mercado: unha rede de expertos, formación empresarial, asesorías e titorías personalizadas, unha plataforma de traballo colaborativo en liña, así como todo o soporte administrativo e xurídico preciso en caso de que a súa idea poida materializarse nun proxecto empresarial. 
Unha vez finalizado o proceso de formación e asesoramento de sete meses de duración que se realiza en todos os centros Yuzz, os mellores participantes realizarán unha viaxe a Silicon Valley, a meca mundial da innovación no eido das novas tecnoloxías. 
Ademais, ao concluír o ano, os tres mellores proxectos de entre todos os finalistas a nivel nacional recibirán unha dotación económica (30.000, 20.000 e 10.000 euros) para colaborar na materialización da súa idea empresarial. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario