miércoles, 25 de mayo de 2011

MISCELÁNEA: BOLSAS E AXUDAS

EIQUÍ VAI UN BREVE RESUMO DAS  ÚLTIMAS CONVOCATORIAS:
  • Estadías en empresas europeas para prácticas: A Universidade da Coruña, convoca 95 estadías para prácticas en empresas europeas para licenciados na UDC. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 10 de outubro de 2011.Máis información http://www.udc.es/.
  • Bolsas para Másters do Programa Oficial de Posgrao do CSIC-UIMP: O Consello Superior de Investigacións Científicas convoca 30 bolsas para axudar aos estudos e favorecer a mobilidade dos postgraduados que se matriculen nos estudos oficiais de Máster do programa de postgrao do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)´. Máis información
  • Axudas para a formación de persoal investigador :O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas (INTA), convoca 7 axudas para a formación de persoal investigador daqueles titulados universitarios que desexen realizar unha tese doutoral nunha serie de temas específicos. Info+
  • Bolsas do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas: O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas convoca 9 bolsas de formación destinadas a persoas que se encontren en posesión do título de Licenciado, Enxeñeiro, Enxeñeiro Técnico ou equivalente, sempre que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007. Información
  • Xoves Cooperantes : O INJUVE en colaboración co Servicio Público de Emprego Estatal e a AECID abre a inscrición para o programa mozos cooperantes.Son 75 proxectos de cooperación ó desenvolvemento, repartidos entre 33 países de Iberoamérica, África e Asia.. Si tes menos de 30 anos, estás inscrito nos servicios de emprego como demandante de emprego, tes unha das titulacións universitarias que se demandan nesta edición, entra na web do INJUVE 

No hay comentarios:

Publicar un comentario