miércoles, 25 de mayo de 2011

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA U.E.

A Fundación Galicia Europa (FGE) presentou a “Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais” no Forum Emprego Universitario da Universidade de Vigo dentro das X Xornadas Universitarias de Emprego de Galicia e Norte de Portugal que se celebraron os días 18, 19 e 20 de maio de forma rotatoria nos tres campus da Universidade de Vigo.

O manual recolle diversos tipos de colaboración con estes organismos: estadías, prácticas non remuneradas, bolsas de formación, campamentos de verán, intercambios para profesores ou lectores, voluntariado europeo… ata os procedementos para obter postos de traballo en organismos internacionais ou mesmo constituírse en axente contractual da UE.
Ademais, en todo este abano de posibilidades especifícanse os prazos de solicitude, os requisitos, o lugar onde se realizarían as prácticas e ata a retribución ou, no caso de non habela, as fórmulas para obter compensacións económicas.
Podedes consultala online EIQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario