domingo, 3 de noviembre de 2013

PLAN DE PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 30 de outubro (nº 209), publicouse a convocatoria de 424 bolsas de prácticas laborais en empresas privadas, dirixidas a titulados universitarios e de FP (grao medio e superior). 

O maior número de bolsas por titulación corresponde á licenciatura en Administración de Empresas, con 68; séguenlle o Ciclo Superior en Administración e Finanzas (38), o Ciclo Superior en Xestión comercial e Marketing (11), Relacións Laborais (11), licenciatura en Psicoloxía (10) e Xornalismo (10).
Os bolseiros percibirán entre 600 e 800 € ó mes, unha cantidade que asumirá a Deputación, así como todos os demais custos.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, desde o 31 de outubro ata o 12 de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada