jueves, 13 de enero de 2011

CAMBIOS NO ACCESO Á UNIVERSIDADE DENDE A FP

O acceso á universidade dende a FP vén de experimentar cambios importantes.

Concretamente o alumnado de ciclos de FP (quen estea en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior e equivalentes) e que pretenda acceder a algún título universitario de grao con prazas limitadas, deberá ter que realizar unha proba específica, coa finalidade de mellorar a súa nota de admisión e poder así concorrer en igualdade de condicións có alumnado prodecente do bacharelato.


A devandita proba específica será a mesma que ten que realizar o alumnado procedente de segundo de bacharelato, e polo tanto o temario da mesma será o establecido para o currículo das materias de modalidade de segundo de bacharelato, de acordo coa distribución establecida polas administracións educativas.

De feito, a proba será realizada conxuntamente e, coa finalidade de poder compatibilizar os calendarios de celebración das probas de acceso ás ensinanzas universitarias de grao coa finalización do curso académico, será suficiente aportar unha certificación académica oficial na que conste: a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, a excepción da Formación en Centros de Traballo e, no seu caso, do módulo de proxecto (o acceso á universidade quedará condicionado á superación posterior destes dous módulos).

Para ampliar información podedes acceder ao decreto, onde consta un anexo no que figuran as ramas de coñecemento que se asocian a cada título de FP. Podes consultar, segundo o título de FP que esteas a cursar, cál é o campo de estudos universitarios ao que terás acceso (ten en conta que con esta nova norma, vai a haber cambios tamén neste sentido).

RECORDADE: ESTA PROBA NON É OBRIGATORIA, pero será imprescindible para os estudos universitarios que teñan moita demanda.

Se vos estades plantexando a prolongación da vosa vida académica, informádevos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario