jueves, 17 de marzo de 2011

CURSOS DE IDIOMAS NO EXTRANXEIRO


O programa de Cursos de idiomas no extranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.
Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países. Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros. Participar nesta iniciativa ten un valor engadido que non é só o de aprender un idioma. Imos viaxar a outro país, participar doutra cultura e doutros costumes moi diferentes aos nosos.
Podedes consultar eiquí toda a información relativa ás condicións xerais dos cursos, e neste enlace poderedes acceder á información en pdf dos cursos segundo o destino desexado. Nos mesmos poderedes consultar prazos dos cursos, prezos, xeito de aloxamento (familia, residencia, apartamento), duración ..etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario