martes, 15 de marzo de 2011

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FP DE GRAO SUPERIOR


No DOG de hoxe (15 de marzo, nº52), vén de publicarse a convocatoria dos premio extraordinarios de formación profesional para ciclos de grao superior. Poderán optar aos premios extraordinarios de formación profesional, o alumnado que teña rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2010 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia (ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia) e que teñan obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.
Este premio ten unha dotación económica de 850 € por premiado, pero ademáis, o alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo, e o secretario do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan. Estes alumnos poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.

Poderánse conceder ate vintedous premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia.

Se reunides estes requisitos non dubidedes en presentarvos, xa que ademáis da dotación económica, darán prestixio académico e profesional ao voso currículo, e abriránvos moitas portas no mercado laboral.


Máis información

No hay comentarios:

Publicar un comentario