A Consellería de Educación convoca axudas para realizar actividades de formación lingüística durante o ano 2011, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2011-2012.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2011-2012.
Requisitos:
a) Estar cursando 6º de educación primaria; 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2010-2011, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2009-2010.
c) Ter acadado no curso 2009-2010, unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 11 de abril de 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario