martes, 15 de marzo de 2011

MAÍS CONVOCATORIAS DE BOLSAS NO EXTRANXEIRO


Pois seguimos coas convocatorias de bolsas no extranxeiro, estas vez dirixidas a estudantes e recén titulados  de estudos superiores (no caso das becas do  ICEX, se inclúen determinados ciclos superiores de FP).

Estas convocatorias son:
  • Bolsas Argo: Trátase de bolsas de mobilidade para facer prácticas en Europa, EEUU, Asia e Canadá, cunha duranción media de entre 6 e 10 meses. Van dirixidas a titulados universitarios. Para máis información, preme eiquí. 
  • Bolsas Faro: Bolsas para facer prácticas en Europa, EEUU, Asia e Canadá dirixidas a estudantes universitarios dos últimos cursos (que teán superados polo menos o 70% dos créditos da carreira, diplomatura ou enxeñaría). Máis información.
  • Bolsas do ICEX (Instituto de Comercio Exterior): Destinadas a formar expertos en informática en materia de internacionalización, nas Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España (OFECOMES) ou ben nos Servizos Centrais do Instituto. A finalidade destas bolsas é a de proporcionar ao bolseiro unha preparación na implantación, o mantemento e o desenvolvemento dos sistemas informáticos de información e documentación do ICEX nas OFECOMES. A bolsa de informática terá unha duración de 12 meses, dende outubro de 2011 ata setembro de 2012. Previamente terase impartido un curso de formación en Madrid.O requisito é ter unha titulación universitaria de grao superior (licenciatura) ou medio (diplomatura), Grao ou Máster. Admitiranse tamén as seguintes titulacións dos Ciclos Formativos de Grao Superior: Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos, técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas e técnico Superior en Sistemas de Telecomunicación e Informática. Máis info...

No hay comentarios:

Publicar un comentario