jueves, 26 de mayo de 2011

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE DA XUNTA

A Escola de Tempo Libre Fervenza convoca dous cursos de Monitores de Tempo Libre, có obxectivo de formar persoas capaces de realizar actividades socio-culturais e recreativas para a xuventude en tempo libre, ben sexa no medio urbano, ben sexa no medio natural. Os requisitos son ser maior de idade e ter o graduado da ESO.
Haberá dúas quendas: do 2 ó 21 de xullo e do 21 de xullo ó 9 de agosto, ambas a realizar no Centro de Educación Medio-ambiental "O Marco do Castelo" (Sta. Mª de Oia). O prezo é de 400 € con Carné Xove e de 440 sen carné Xove.

Se vos sentides atraídos por este campo profesional, pode ser unha boa oportunidade para a formación profesional e tamén, por qué non, para o desfrute persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario