viernes, 18 de noviembre de 2011

RECOÑECEMENTO DA VIDA LABORAL DOS BOLSEIROS



No o Real Decreto 1493/2011, de 24 de outubro (BOE do 27 de outubro de 2011) saiu publicado o procedemento segundo o cal se recoñece a vida laboral do tempo traballado como bolseiro.

PASOS:

1. Presentar unha instancia nunha Oficina de Rexistro dirixida á Secretaría Xeral de Universidades (achégase modelo), nesta instancia farase constar:
  • O tipo de bolsa da que se solicita certificación (Terceiro Ciclo, Predoutoral...)
  • O que debe constar no certificado (duración, retribución...)
  • Calquera outra aclaración ou dato relevante
2. A instancia debe acompañarse de copia das acreditacións de concesión das bolsas. En caso de non poder presentalas, citarase a data do DOG no que se publicou a concesión de cada bolsa.
3. Antes de presentar a instancia deberanse abonar as taxas correspondentes (unha por cada certificado solicitado). O impreso está dispoñible en calquera Oficina de Rexistro da Xunta de Galicia.


ACLARACIÓN!!: Segundo "nota informativa" da Consellería, aclarar que este procedemento de recoñecemento sería válido únicamente para as bolsas concedidas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Tamén nos insisten en comunicarvos que a Consellería non é un punto de información, e que para calquera dúbida que teñades ao respecto, vos poñades en contacto coa Tesourería da Seguridade Social.
Aproveitamos para aclarar, por se non estivese claro, que este blog se limita a concentrar ou xuntar informacións e convocatorias públicas e privadas que se van publicando en rede, en ningún caso os contidos son da nosa creación ou inventiva, únicamente tratamos de ofrecer información que consideramos interesante dende un único punto de información.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario