lunes, 14 de noviembre de 2011

BOLSAS DE FORMACIÓN E COLABORACIÓN PARA UNIVERSITARIOS

A) Bolsas para aformación e a investigación: O Ministerio de Educación convoca 148 bolsas de formación e investigación en réxime de concorrencia competitiva, das cales 20 serán de formación en observación e deseño de cualificaciones profesionais, 9 en documentación e lexislación educativa, 26 en investigación e innovación educativa, 60 en tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación, 14 en área de documentación, biblioteca e arquivo e 19 en avaliación e estatísticas educativas. As bolsas de formación terán unha duración de ata doce meses.
A dotación íntegra anual máxima de cada bolsa de formación será de 12.324 € e distribuirase en doce meses por importe de 1.027 € por cada mes de duración.
Requisitos: Estar en posesión da titulación requirida para cada tipo de bolsa (consultar BOE) e tela obtido con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2008.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de novembro de 2011.
Máis información no BOE do 4 de novembro de 2011 e en http://www.educacion.es/

B)Bolsas de Colaboración: A Dirección Xeral de Comercio Interior convoca catro bolsas de colaboración para titulados superiores de calquera grao ou carreira universitaria. Os bolseiros colaborarán no estudo, entre outros, do ámbito comercial, a análise da pequena e mediana empresa comercial, o sector da distribución e as estruturas comerciais, os procesos de formación de prezos, a proxección exterior da distribución comercial española e a análise comparada dos aspectos comerciais, fundamentalmente con países da UE.
Requisitos:
  • Nacionalidade española.
  • Idade non superior a 28 anos na data da convocatoria.
  • Estar en posesión de calquera titulación universitaria superior, tal como Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou equivalente.
Cada bolsa estará dotada con 10.375 €. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro de 2011.
Máis información no BOE do 4 de novembro de 2011 e en http://www.mityc.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario