viernes, 18 de noviembre de 2011

NOVA REGULACIÓN DOS TRABALLOS DOMÉSTICOS


Onte publicouse no BOE o Real Decreto 1620/2011, de 14 de noviembre, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar.
Despois de 25 anos de vixencia da súa lexislación anterior, facíase necesaria unha revisión da situación laboral destes traballadores, especialmente polas condicións particulares en que se realiza a actividade das persoas que traballan neste sector, e que xustifican unha regulación específica. De xeito principal, o ámbito onde se presta a actividade, o fogar familiar, tan vinculado á intimidade persoal e familiar,  tan diverso do común denominador das relacións laborais, pero tamén polo vínculo persoal baseado nunha especial relación de confianza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario