miércoles, 4 de mayo de 2011

PROGRAMA EMPREGA TALENTO


O proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), arrinca co obxectivo principal de fomentar a creación de empresas e de emprego para mozos, fomentando actividades que convirtan o Espazo de Cooperación Transfronteirizo nun lugar atractivo para unha nova actividade económica e empresarial.

Ante a necesidade de atopar un punto de encontro entre os mozos que veñen de rematar os seus estudos con dificultades para acceder ao mercado laboral ou emprender os seus propios negocios, directivos que buscan novos talentos para as súas empresas, e directivos que se encontran en situación de desemprego, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado desenvolverá a xornada Emprega Talento. Será un espazo de encontro, participación e intercambio entre mozos preparados con ideas pero sen experiencia e sen contactos por mor de achegar e dar a coñecer as demandas das empresas á hora de iniciar procesos de selección dos seus profesionais e futuros directivos, ofrecendo á xuventude unha vía alternativa para detectar oportunidades laborais e promovendo novos proxectos empresariais e o espírito emprendedor dos mozos.

Emprega Talento está inspirado no novo formato Afterwork, que promove o coñecemento e as relacións de tu a tu, creando un contorno distendido e participativo, as sesións articularanse nos espazos INSPÍRATE e ÁGORA:
  • ESPAZO INSPÍRATE: no que descubrir, dun xeito próximo e participativo experiencias e persoas inspiradoras (relatorios de impacto sobre cuestións como liderado, éxito e fracaso, os valores, talento, motivación, innovación... que motiven á mocidade e sirvan para atraer a Directores de Recursos Humanos, reunindo no foro a oferta e demanda).
  • ESPACIO ÁGORA: punto de encontro que permite as relacións, o intercambio e o coñecemento a través de actividades paralelas: talleres de habilidades sobre cómo vender unha idea, cómo impulsar o noso currículo, como afrontar unha entrevista persoal, o liderado e xestión de equipos; tempo para o lecer; lugar para reunións informais no que os asistentes poidan presentarse, entrevistarse, traballar sobre posibles proxectos, etc.
O programa Emplea Talento, que terá lugar o martes 10 de maio de 2011 no Museo Pedagóxico de Galicia (Sán Lázaro 107, Santiago de Compostela) en horario de 16h30 a 21h00. Para máis información e inscricións: 981 53 64 34
ou apd@gal.apd.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario