miércoles, 4 de mayo de 2011

OFERTAS DE BECAS E CURSOS DE INTERESE

Vos deixamos un resumo das últimas convocatorias de becas e cursos que saíron publicadas:
  • Bolsas para a mobilidade de estudantes universitarios Séneca : O Ministerio de Educación convoca 2.224 bolsas dentro do programa de subvencións para a mobilidade de estudantes universitarios Séneca para o curso académico 2011-2012. Poderán acollerse a este programa os estudantes matriculados en universidades españolas ou en centros de educación superior, que se achen cursando os estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais de Grado, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto ou os de Diplomado, Enxeñeiro ou Arquitecto Técnico, e obtivesen unha praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2011-2012. A duración da bolsa será dun máximo de nove meses e mínimo de cinco e estará comprendida entre o 1 de outubro de 2011 e o 30 de xuño de 2012. As bolsas terán unha contía de 500 € mensuais. Concederase unha subvención de viaxe única de 120 € a cada beneficiario. Máis información
  • Cursos gratis de lingua árabe con inmersión cultural:  Os cursos serian de dous niveis: "inicial", para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e "medio", para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno. Máximo de 15 alumnos por curso. Solicitudes dirixidas a: institutoandalusi@gmail.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Prazo de solicitude: ata 15 días antes do inicio do curso ou ata completar as prazas. Datas dos cursos: do 03 ao 09 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril, e do 10 ao 16 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril. Máis información.
  • Bolsas na Axencia Estatal de Meteoroloxía : A Axencia Estatal de Meteoroloxía convoca 21 bolsas para axudas de formación en proxectos relacionados coas actividades do organismo. Cada unha das bolsas estará dotada con 1.150 € mensuais. A duración das bolsas será desde o comezo das tarefas segundo especifíquese para cada proxecto ata, como máximo, o 31 de decembro de 2012.Requisitos: Licenciatura en ciencias, enxeñería superior ou equivalente. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de maio de 2011. Maís información. Máis información no BOE do 20 de abril de 2011.
  • Bolsas Leonardo da Vinci do Concello de Ourense: O Concello de Ourense convoca 30 bolsas individuais, de estanzas durante 12 semanas e prácticas laborais en empresas europeas no marco do Programa europeo Leonardo da Vinci, en Lisboa (Portugal), Florencia (Italia), Belfast (Reino Unido) e Derry (Irlanda).Requisitos: Mozos empadroados no Concello de Ourense con idades comprendidas entre 18 e 30 anos, que finalizasen o ciclo superior de formación profesional. No caso de non se cubrir todas as prazas entre os beneficiarios do parágrafo anterior, poderán optar a estas os/as licenciados/ás, diplomados/ás e graduados/ás.A titulación tén que ser obtida nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano desta convocatoria.Outro requisito é ter coñecemento da lingua do país escollido para poder desenvolverse na práctica laboral. Máis información.


No hay comentarios:

Publicar un comentario