lunes, 28 de marzo de 2011

BOLETÍN PONTEEMPREGO

Xa vos falamos con anterioridade (post do 15 de marzo de 2010), sobre a iniciativa local emprendida polo concello de Pontevedra con respecto ao emprego. Dentro do marco do Proxecto ILES IV (financiado coas axudas do Fondo Social Europeo), o concello se propón promover a inserción laboral de desempregados/as capacitandoos/as profesionalmente no sector de servizos de atención a maiores dependentes, infancia, persoas con discapacidades e en situación ou risco de exclusión. 

CÓMO? A través da orientación laboral, a información,  a formación e a realización de prácticas profesionais. Na páxina do proxecto ILES IV poderedes consultar os diferentes itinerarios formativos e os cursos de formación dispoñibles.

QUÉ É PONTE EMPREGO? Trátase dun boletín de periodicidade semanal e en formato PDF onde poderedes consultar toda a oferta de FORMACIÓN e EMPREGO  público e privado dispoñible na provincia de Pontevedra. Tamén dispón dun servizo de alertas có cal se actualizan permanentemente as ofertas existentes.

Consideramos que se trata dunha ferramenta utilísima para todos aqueles que esteades á procura de emprego, así que non esperedes máis, consultádea!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario