lunes, 28 de marzo de 2011

PROGRAMAS DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN E DE DA INCIATIVA EMPRENDEDORA DA XUNTA DE GALICIA


A Consellería de Traballo e Benestar convoca para o ano 2011 dous programas dirixidos a fomentar o emprego e a inciativa emprendedora:

1. PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS

Para o ano 2011 convócanse unha serie de  incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras. A súa finalidade é a de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal, coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Estes obxectivos se desenvolverán a través dos seguintes programas: Programa de fomento da contratación indefinida inicial., Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos, Programa de incentivos á contratación temporal.
Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos, os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2011. Máis información no DOG do 28 de marzo de 2011 e en http://traballo.xunta.es/

2. PROGRAMAS DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO 

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego. 
Entidades beneficiarias: As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
  • Sexan empresas de nova creación,  que sexan viables técnica, económica e financeiramente
  • Xeren emprego estable para persoas desempregadas.
  • Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
  • Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica.
  • Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
  • Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresas.
Tipos de axudas: Subvención á xeración de emprego estable., Subvención financeira, Subvención para asistencia técnica, Subvención para o inicio da actividade e Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de setembro de 2011. Máis información no DOG do 28 de marzo de 2011 e en http://traballo.xunta.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario