miércoles, 10 de noviembre de 2010

MÁIS VALE PREVIR...

Aínda que a implantación da acción preventiva nas empresas continúa focalizándose na seguridade laboral (ignorando as outras disciplinas da prevención) cada vez son máis numerosas as empresas que se decatan de que invertir en actividades preventivas tales como a ergonomía, ou a psicosocioloxía, redunda nunha mellora económica e produtiva no centro de traballo.
O traballador mellora a súa saúde e polo tanto incrementa a súa satisfacción e motivación no exercicio da súa actividade.

Eiquí vos deixamos o enlace a unha nova de la Sexta Noticias, na que se informa dunha empresa ubicada en Reus que vén de implantar un servizo diario de fisioterapia para os seus empregados. Aínda que pareza unha broma, é unha noticia real, aínda que lonxana de ser unha opción pratexable na maioría das empresas e centros de traballo do noso país. Basta ver o xeito en cómo titularon a noticia: "La empresa perfecta".

Agardamos que cada vez máis empresarios tomen conciencia de que este tipo de prácticas non son accións anecdóticas propias dos telexornais ou de fantasías, xa que ademáis de beneficiar aos traballadores, repercuten de xeito directo e notable na boa marcha de actividade empresarial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario