martes, 5 de octubre de 2010

I FEIRA DO EMPREGO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA






PROGRAMA

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Promoción Económica e Emprego e en colaboración coas entidades asinantes do II Plan de Acción Local polo Emprego, organiza a I Feira do Emprego de Santiago de Compostela.
En que consiste a Feira?
Trátase dun punto de encontro entre empresas ofertantes de emprego e persoas demandantes de postos de traballo.

Obxectivos:
Con esta iniciativa preténdese posibilitar un intercambio de información, contribuir a un mellor coñecemento do mercado laboral por parte de todos os axentes implicados e, en definitiva, facilitar os procesos de inserción laboral.
Facilitar o contacto entre empregadores/as e demandantes de emprego.
Transmitir información acerca dos perfis e competencias profesionais con máis demanda no mercado.
Proporcionar asesoramento sobre os procesos de búsqueda de emprego.
Difundir ofertas de emprego.
Facilitar os procesos de selección en base a un traballo previo de intermediación laboral.
Informar sobre as axudas á contratación, especialmente daqueles colectivos con maiores dificultades de inserción.
Crear liñas de actuación conxuntas entre empresas e entidades comprometidas co fomento de emprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario