jueves, 2 de diciembre de 2010

PREVENCIÓN 10

O Ministerio de Traballo, en colaboración có Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) vén de presentar nestes días unha nova web: Prevención 10.
Baixo o lema "Fai da prevención a túa xestión máis rentable", esta web ofrécese como unha ferramenta moi útil para autónomos e pequenas empresas, de cara a organizar e xestionar a prevención de riscos laborais.
A través da utilidade Evalua-t os empresarios con menos de 10 traballadores disporán dunha valiosa ferramenta para xestionar eles mesmos actividade preventiva. Tamén se ofrece un servizo telefónico de asistencia aos empresarios, no enlace "Stop Riesgos Laborales".
A web resulta moi completa, dispoñendo de foros, biblioteca, wikipedia, enlaces...
Toda a información aparece ademáis organizada por sectores profesionais, xunto cunha ampla oferta formativa adaptada aos coñecementos previos de que dispoñades e do sector profesional ó cal pertenzades.

Non o dubidedes, consultádea! pode resultar unha boa aliada na vosa xestión empresarial, ademáis de axudarvos a aforrar cartos, por non ter que recurrir a un servizo externo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario