viernes, 12 de octubre de 2012

PonteEmprego nº 109




Boletín PonteEmprego nº109 


Deste número destacamos as seguintes ofertas:
  • Diversas ofertas de emprego para o sector do metal: operarios do metal, soldadores, soldadores arco sumerxido, soldadores MIG/MAG TIG, técnicos en proceso de soldadura, soldadores de estruturas metálicas pesadas, soldadores manuais SMAW, soldadores oxicortadores oficiais de 1ª e torneiros/fresadores. Consultádeas todas ao comezo do boletín, en ofertas de emprego.
  • Ofertas de emprego `para perrucaría en estética na provincia de Pontevedra.
  • Ofertas de emprego público: listaxes temporais do SERGAS, listaxes temporais para prevención/extinción de incendios do SEAGA, 1 praza de titor-coordinador para o programa integrado de emprego do concello de Moaña.
No apartado de formación, poden interesarvos especialmente o cursos de inglés organizado pola FEUGA "English for job-hunting" deseñado especialmente para desenvolver o coñecemento e as habilidades comunicativas que os demandantes de emprego precisan para solicitar e obter un posto de traballo alén das nosas fronteiras, e o curso de "Inglés empresarial" organizado pola Cámara de Comercio de Vigo.

Este Boletín ven cheo de información interesante, paga a pena tomarse o tempo e botarlle unha ollada!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario