martes, 9 de octubre de 2012

GALEUROPA: Prácticas laborais no estranxeiro



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar oferta 50 prazas para a realización de prácticas laborais no estranxeiro, durante unha estancia de 4 semanas, durante os meses de novembro e decembro de 2012.

As prazas terán como destino: Ausburg (Alemaña) 10, Praga (República Checa) 10, Budapest (Hungría): 10, Varsovia (Polonia): 10, Cork (Irlanda): 6, Amsterdam (Holanda): 4.
Os sectores profesionais son: Hostalería, Turismo, Comercio, Servizos á comunidade (atención á terceira idade e discapacidade) e Administración
Requisitos dos destinatarios: O programa está destinado a mozos e mozas galegas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
  • Para Alemaña: sen formación académica e en situación de desemprego laboral superior a seis meses.
  • Para República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda: titulación universitaria ou ciclo superior de formación profesional, dando prioridade aos interesados con titulación equivalente ou inferior a ciclo medio de formación profesional
Inscricións:O prazo de inscrición estará aberto dende o 5 de outubro ata o 14 de outubro ás 24:00 horas. Os interesados deberán remitir a correo electrónico galeuropa@xunta.es un formulario e un curriculum vitae, que podedes atopar AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario