O Consello da Cultura Galega convoca 6 bolsas de colaboración en proxectos de investigación:
- 2 bolsas para colaborar na Área de Publicacións: licenciado/a en Filoloxía Galega.Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de tradución e corrección. Posuír coñecementos de edición de textos. Posuír coñecementos de informática.
- 2 bolsas para colaborar na Área de Documentación: diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación ou licenciado/a en Documentación.Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de catalogación en formatos Marc. Posuír coñecementos do programa de catalogación AbsysNET. Posuír coñecementos de informática. Posuír experiencia en xestión documental.
- 2 bolsas para colaborar na Área Técnica: estudos de técnico/a de imaxe e son (grao superior de técnico/a de son ou imaxe-FP ou similar ou outra titulación superior).Valoraranse como méritos: posuír coñecementos de programas de edición e de gravación de audio e vídeo dixitais. Posuír experiencia de edición dixital, tanto de audio como de imaxe.
Requisitos xerais:
- Estar en posesión da titulación académica requirida sen que transcorresen máis de 5 anos desde a súa obtención e acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- A duración da bolsa será de 6 meses, comprendidos entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2011.
- O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño de 2011.
Máis información no DOG do 9 de maio de 2011 e en http://www.consellodacultura.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario