Os días 23 e 24 de outubro, o Pazo da Cultura de Pontevedra converterase nun escaparate para o mercado laboral coa segunda edición da Feira de Emprego, PonteEmprego, que está destinada a aquelas persoas que buscan traballo e a aquelas que desexan mellorar a súa situación laboral.
A fin de evitar as colas imposibles do ano pasado, os aspirantes a encontrar un posto de traballo deberán enviar o seu currículo con anterioridade por correo electrónico , xa que non se recollerán durante os días da feira.
A relación completa da oferta de postos de traballo publicarase o mércores 16 de outubro a través do boletín electrónico PONTEemprego. Neste boletín indicaranse os requisitos e condicións establecidas para cada posto, así como o contacto para o envío do currículo e o número de referencia da oferta.
Para inscribirse nas conferencias e nos talleres de mellora de emprego programados, o prazo estará aberto ata o día 21 de outubro.
Nos seguintes enlaces poderás ampliar información sobre a materia:
- Programa da feira
- Folla de inscrición nas conferencias e obradoiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario