jueves, 3 de mayo de 2012

CURSOS DE IDIOMAS NA UVIGO VERÁN 2012

A Universidade de Vigo oferta para este verán unha serie de cursos de linguas (alemán, chinés, inglés, portugués, francés, italiano, linguaxe de signos, español para extranxeiros...).
Hai unha grande variedade de cursos (de pronunciación, de conversa, cursos intensivos, probas libres, inglés comercial....) e aínda que na súa maioría están dirixidos específicamente a futuros estudantes de intercambio (beneficiarios do programa Erasmus ou outros),  a oferta amplíase tamén a maiores de 16 anos interesados na aprendizaxe de idiomas. 

NON É PRECISO SEREN ALUMNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO.

Ao mesmo  tempo, ofértase a posibilidade de realizar probas libres de acreditación de nivel (A1, A2, B1, B2, C1) e un curso intensivo de preparación para obter o B1 en inglés.

PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE OS CURSOS DISPOÑIBLES, PREZOS E PRAZOS DE MATRÍCULA AQUÍ.

É UNHA OPORTUNIDADE BOÍSIMA, XA SABEDES A IMPORTANCIA QUE TEN COÑECER UN IDIOMA (E PODER ACREDITAR ESE COÑECEMENTO) PARA ATOPAR UN EMPREGO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario