miércoles, 11 de abril de 2012

EDUGAL


Mañán arranca en Pontevedra EDUGAL, coa pretensión de "se convertir no salón da oferta de educación da  Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas".

A oferta de actividades non ten desperdicio, e ademáis pode ser unha excelente ocasión para aclarar dúbidas, aprender cousas novas e obter información de grande utilidade para os voso futuro sobre a oferta educativa,  oportunidades de emprendimento, formación profesional, coaching, búsqueda de emprego..etc.

Moitos centros de FP e entidades nacionais e internacionais adicadas á formación  van a ter un stand propio, onde poderedes facer as vosas consultas individualizadas. Ademáis haberá obradoiros, conferencias, actividades, demostracións prácticas.... 

Mañán xoves ás 18.00 horas terá lugar na praza da Peregrina, unha conferencia de Albert Espinosa , o coñecido escritor e guionista.

EDUGAL terá lugar no recinto feiral de Pontevedra os días 12, 13 e 14 de abril. Podedes botarlle unha ollada ao programa de actividades AQUÍ  e descargar a invitación neste OUTRO.

MÁIS INFO:

No hay comentarios:

Publicar un comentario