miércoles, 8 de febrero de 2012

TRABALLAR PARA EMIRATES AIRLINES


 A empresa de transporte aéreo Emirates Airlines anunciou o seu propósito  de contratar 4.000 tripulantes de cabina en Madrid, Marbella, Santiago de Compostela e Granada. O proceso de selección levaráse a cabo durante as “Jornadas de Puertas Abiertas para Tripulantes de Cabina”, que terán lugar os días 17 (Madrid), 24 (Marbella e Santiago de Compostela) e 29 (Granada) de marzo, segundo comunicado da compañía. Estas xornadas servirán para permitir aos candidatos coñecer a profesión así como Dubái, capital dos Emiratos Árabes Unidos e sede da compañía.

La procura de traballadores en España coincide coa posta en marcha dunha segunda frecuencia diaria na ruta que une Madrid con Dubái a partires do próximo 1 de xullo, e un vóo directo e diario desde Barcelona a partires do 3 de xullo.

Os candidatos deben ser maiores de 21 anos na data da posible selección e deben presentar un curriculum vitae actualizado en inglés así como unha fotografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario