viernes, 27 de enero de 2012

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP GRAO SUPERIOR



Hoxe sae publicada no DOG a Orde do 20 de xaneiro de 2012, pola que se convocan os premios extraordinarios da FP de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011.

Poderánse conceder ata 22 premios, un por cada familia de FP que se imparte na CA de Galicia, para aqueles estudantes de grao superior que rematasen os estudos no curso 2010-2011.

Como requisito se esixe ter unha nota media de todos os módulos dun mínimo dun 8,5. Para coñecer a vosa media teredes que facer a media aritmética de todos os módulos cursados, agás de aqueles que se califiquen en termos de apto-non apto, os validados e os exentos. A nota final tense que expresar con 2 decimales, redondeando á centésima máis proxima, e en caso de equidistancia, redondearáse á superior.

O prazo para presentar a solicitude é dun mes a partir do día seguinte á súa publicación no DOG (é dicir,mañán), e os interesados deberán cubir o formulario do Anexo I (publicado nesta orde) xunto coa documentación que se indica, na secretaría do centro onde se cursaron os estudos.

Ademáis da dotación económica (un máximo de 850 euros), o premiado/a recibirá un diploma acreditativo, e o secretario do seu centro de estudos fará constar esta distinción no seu expediente académico. Ademáis, poderá concurrir ao premio extraordinario nacional.


No hay comentarios:

Publicar un comentario