martes, 1 de febrero de 2011

BECAS DE COMERCIO EXTERIOR DO IGAPE


 A consellería de Economía e Industria vén de convocar 16 bolsas de promoción exterior que teñen como obxectivo fundamental o de formar especialistas en comercio e investimento internacional e colaborar na internacionalización do tecido empresarial galego. O prazo de presentación de solicitudes polos novos titulados interesados remata o próximo 3 de febreiro.

Co obxectivo de formar especialistas no ámbito internacional e impulsar a realización de traballos técnicos destinados a favorecer a proxección internacional das empresas galegas, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) desenvolve o seu programa de bolsas de promoción exterior.

A través deste programa, o Igape ofrece unha excelente oportunidade de conseguir unha sólida formación teórica en comercio internacional, a través dun curso de especialización en comercio exterior, que se complementa cunha especializada formación práctica obtida nas oficinas da Xunta de Galicia no exterior, no Igape ou noutros destinos concertados polo instituto en entidades públicas ou privadas.

Requisitos?

1. O cumprimento dalgunha das seguintes condicións:

- Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
- Ser natural de Galicia.
- Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao, de emigrantes galegos no exterior.
2. Cumprir os requisitos do artigo 10º da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.
3. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias (superior ou media) na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: arquitectura, bioloxía, biotecnoloxía, ciencias ambientais, ciencias do mar, física, xeoloxía, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, dereito, ciencias políticas, xornalismo, comunicación audiovisual, publicidade e relacións públicas e turismo.
A titulación deberá terse obtido con posterioridade ao 31 de decembro de 2002.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
4. Dominio dun dos seguintes idiomas (falado e escrito): alemán, francés, inglés ou portugués. Para estes efectos os candidatos deberán realizar unha proba do idioma elixido. Os candidatos poderán examinarse como máximo dun dos idiomas anteriores, para o que deberán indicar o idioma obxecto de exame na solicitude.
5. Non ter concedida mediante resolución ou desfrutado con anterioridade ningunha outra bolsa do Igape, así como non estar desfrutando durante o proceso de selección dunha bolsa no Igape concedida a través doutras institucións.
6. Non ter desfrutado doutra bolsa no estranxeiro concedida por outros organismos. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.

7. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.

8. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administracion Pública da Comunidade Autónoma.

Procedemento de selección?
- Presentación de solicitude cubrindo previamente un cuestionario descritivo a través do enderezo http://www.tramita.igape.es/
- Proba de idiomas.- Todos os aspirantes que presentaran a súa solicitude dentro do prazo establecido serán convocados a unha proba eliminatoria do idioma elixido no artigo 4.4º destas bases . As probas constarán dunha parte escrita e outra oral. A data, hora e lugar de realización comunicarase nos taboleiros de anuncios e na páxina web do Igape. A proba de idioma terá lugar en Santiago de Compostela, correndo a conta do solicitante, se é o caso, os gastos de desprazamento, estancia e manutención. Os aspirantes que non comparezan ou non alcacen unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 serán excluídos.
- Preselección.- Unha vez realizada e corrixida a proba de idioma, o comité de selección confeccionará unha lista provisional de admitidos e excluídos.

Máis información neste enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario