lunes, 22 de febrero de 2010

DÍA EUROPEO POLA IGUALDADE SALARIAL


As mulleres necesitan traballar 14 meses para gañar o mesmo que os homes nun ano.

As mulleres terían que traballar dous meses máis que os homes para equiparar os seus salarios anuais, segundo se desprende dun estudo elaborado pola UGT con motivo do Día Europeo da Igualdade Salarial, que se celebra este luns. Na UE, o salario medio das mulleres é un 15% inferior ó dos homes, cifra que se eleva até o 26,3% no caso concreto de España. As maiores diferencias se rexistran en Asturias e Aragón.
Hoxe se celebra en todo o continente o Día Europeo da Igualdade Salarial. Até este día, precisamente, terían que traballar as mulleres para cobrar a mesma cantidade que os homes en 2009. En concreto, unha traballadora tería que traballar 418 días para gañar o mesmo diñeiro que un home en 365, segundo se denuncia nun informe da UGT. O salario das mulleres é inferior nun 15% ó dos homes na Unión Europea, diferencia que se agrava en España, onde as mulleres cobran de media un 26,3% menos.
A UGT ten publicado un informe no que plantexa que a negociación colectiva debe reforzar a loita contra esa discriminación retributiva e aboga por establecer modificacións legais para acadar unha regulación máis efectiva.
Entre outras propostas, propón que nos convenios colectivos se inclúan cláusulas para regular a igualdade retributiva, coa adopción de medidas para detectar e correxir as posibles diferencias ou desigualdades salariais.
Para combatir esta diferencia salarial entre homes e mulleres, que segundo o sindicato é das maiores de Europa, recomenda realizar auditorías periódicas obrigatorias ás empresas e aplicar novas sancións se non se respeta a igualdade salarial.
Máis información...

1 comentario:

  1. Muy bueno el artículo; realmente se trata de un tema acerca del cual se tendría que actuar ya. Parece increible que hagan falta dos meses para igualar el salario masculino. Realmente buena la información. Muxas gracias!

    ResponderEliminar