miércoles, 3 de junio de 2009

AS ENERXÍAS RENOVABLES, FONTE DE EMPREGO


Segundo un estudo da Comisión Europea, as renovables crearán 135.000 empregos en España, se suman o 20% do consumo en 2020.

Se España alcanza o obxectivo de que un 20% do consumo eléctrico teña orixe en fontes renovables en 2020, este sector terá creado uns 135.000 postos de traballo ata esas datas, un 0,8% do emprego total, segundo un estudo da Comisión Europea.
De acordo con este informe, España será o terceiro país da Unión Europea que cree máis empregos no sector das enerxías renovables en cifras absolutas, sólo por detrás de Polonia (160.000) e Alemaña (145.000). Superará así a Estados membros como Francia (120.000), Italia (115.000) ou o Reino Unido (75.000). Máis información...

No hay comentarios:

Publicar un comentario