lunes, 4 de mayo de 2009

CURSOS DE FORMACIÓN

Como ben sabedes, no contexto de crise actual, a oferta laboral é cada vez máis escasa, fronte unha demanda de traballo en constante aumento.
Pero isto non debe desanimarvos. Temos que buscar ferramentas que melloren o noso perfil profesional e nos fagan máis competitivos. É tempo de mellorar a nosa formación e invertir na mellora das nosas competencias, para poder aproveitar as oportunidades laborais que se nos presenten.

Aquí vos deixamos os enlace do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que oferta cursos de prevención de riscos laborais completamente gratuitos. Tedes dúas posibilidades: a formación presencial e a opción online.

Tamén podedes optar por mellorar a vosa competencia lingüística. Pode ser un bó momento para plantexarse a inscripción na Escola Oficial de Idiomas, onde poderedes obter unha certificación ofcial no idioma do voso interese.

A EOI ten sedes en Pontevedra e Vigo, onde tedes unha ampla oferta de idiomas, pero tamén conta cunha delegación en Cangas, no IES de Rodeira, onde poderedes asistir a clases de inglés e francés con diversas posibilidades de horarios, adaptables ao voso estilo de vida.
Outra posibilidade son os cursos que oferta o INEM para as persoas que estean inscritas como demandantes de emprego, aquí vos deixamos a oferta formativa para este ano 2009.

Non deixedes pasar estas oportunidades, lembrade que a vida do traballador é un proceso de formación continua!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario