miércoles, 20 de marzo de 2013

POLICÍA LOCAL EN MOAÑA

A través da web de Patronato Beiramar temos coñecemento da oferta de 6 PRAZAS DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL, para actuar como reforzo, do Concello de Moaña.

A contratación das persoas aspirantes realizarase a medida que xurdan tales necesidades, pola orde de puntuación total obtida nas probas. No intre en que sexa necesaria a contratación dun ou dunha  auxiliar, terase en conta a puntuación acadada. Os contratos que se realizarán terán unha duración  máxima de catro meses. En determinados casos, debida e obxectivamente xustificados, poderá realizarse a contratación por un prazo de tempo superior, que non excederá dos seis meses.
Requisitos
  • Ser español ou cidadán dun país membro da Unión Europea (acreditarase mediante fotocopia compulsada do DNI). 
  • Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 58 anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. 
  • Estar en posesión do título de graduado en ESO, ou equivalente, ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das  administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades  autónomas, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. 
  • Ser titular do permiso de conducir da clase B (xustificarase con fotocopia compulsada). 
  • Acreditar, mediante certificado médico, non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou dificulte o desenvolvemento das funcións propias dun auxiliar da policía. 
  • Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e de 1,60 metros para as mulleres. 
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da  publicación destas bases no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina WEB www.moaña.es.



No hay comentarios:

Publicar un comentario