viernes, 19 de octubre de 2012

TRABALLO EN AUSTRIA

Como xa teredes visto nos medios, a Unión de Hoteleros Austriacos (ÖHV, siglas en alemán) oferta 1.721 postos de traballo para mozos/as españois interesados en adquirir experiencia internacional no sector turístico, ademais de 3.600 prazas destinadas á formación de profesionais.

Podedes atopar información máis detallada sobre os postos a cubrir en 'www.oportunidad-austria.es' e 'www.hogastjob.com/es', ademais de consellos de utilidade para traballar en Austria e para a vida cotián no país.

Tamén vos informamos do proceso de selección de enxeñeiros para Austria, que terá lugar en Madrid e Barcelona os días 23 e 26 de novembro. Consultade AQUÍ para saber máis sobre este proceso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario