CONVOCATORIA DE 2 BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRACTICAS NA OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE MOAÑA.
OBXECTO: A realización de prácticas na oficina de información turística de Moaña para desenvolver actividades de información e promoción turística do Concello. Concederanse dúas bolsas durante a tempada de verán de 1.125 € / mes. O importe da bolsa será obxecto das retencións fiscais previstas legalmente.
REQUISITOS:
- Ter a nacionalidade española.
- Estar en posesión do título de diplomado en turismo, graduado en turismo ou técnico superior de información e comercialización turística, no momento da convocatoria de selección. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2003 ou con posterioridade a esta data. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos.
- Non atoparse incurso/a en prohibición para para obter a condición de beneficiario da bolsa segundo o previsto no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
- As persoas aspirantes deberán estar desempregadas e inscritas na oficina de emprego e cunha idade comprendida entre os 18 e 25 anos inclusive.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ATA O LUNS 18 DE XUÑO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario