BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL PARA POSTO DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA EN BUEU
Requisitos dos aspirantes
- Ser cidadán comunitario ou daqueles estados que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, ou ter a nacionalidade de terceiros estados non incluídos nos supostos anteriores sempre que cumpran os requisitos exixidos na normativa sobre dereitos e liberdades das persoas extranxeiras en España.
- Ter a maioría de idade laboral cos requisitos e garantías establecidas no Estatuto dos Traballadores.
- Non padecer enfermidade nin limitacións físicas ou psíquicas que impidan o normal desenvolvemento das funcións exixidas.
- Non estar incapacitado ou inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. e) Non estar afectado por motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.
- Estar en posesión, alomenos, da titulación de graduado escolar.
Solicitudes e documentación: As persoas que desexen tomar parte no procedemento selectivo para esta contratación deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro municipal no prazo de cinco días naturais dende a publicación do anuncio nun dos diarios de maior tirada.(do luns 18 ao venres 22 de xuño de 2012).
No hay comentarios:
Publicar un comentario