martes, 12 de junio de 2012

BOLSAS DO IGAPE PARA UNIVERSITARIOS


Hoxe sae publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Requisitos dos solicitantes:
  • Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
  • Ser natural de Galicia.
  • Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, e dereito.

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses. A contía das bolsas é de 9.960 € anuais (830 mensuais).
Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a seguir realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora para implantar en pequenas e medianas empresas, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xullo de 2012
Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario