viernes, 11 de mayo de 2012

EMPREGO EN EUROPA


TAL E COMO ESTÁ O PANORAMA DO MERCADO LABORAL NO NOSO PAÍS, CADA VEZ SON MÁIS A PERSOAS QUE SE PLANTEXAN A PROCURA DUN TRABALLO ALÉN DAS NOSAS FRONTEIRAS.

SE ÉSE É O TEU CASO, É IMPRESCINCIBLE QUE CONSULTES A PÁXINA WEB DA REDE EURES, DA QUE XA VOS FALAMOS NOUTRAS OCASIÓNS. CONTÉN INFORMACIÓN UTILÍSIMA SOBRE OFERTAS DE TRABALLO E FORMACIÓN EN EUROPA, PERO TAMÉN INFORMACIÓN SOBRE AS CONDICIÓNS DE VIDA E TRABALLO DOS DISTINTOS PAÍSES E OS REQUISITOS QUE SE DEBEN CUMPRIR PARA PODER ATOPAR UN EMPREGO EN CADA UN DELES. 
ADEMÁIS TEDES A POSIBILIDADE DE PEDIR CITA CUN CONSELLEIRO EURES, PARA QUE VOS ASESORE DE XEITO PERSOAL.

ADEMÁIS DA REDE EURES, ATOPAMOS UN ENLACE MOI INTERESANTE NA WEB DA UNIVERSIDADE DE VIGO, QUE AÍNDA QUE VAI DIRIXIDO A BOLSEIROS, TEN INTERESE PARA TODO AQUEL QUE SE PLANTEXE O SEU FUTURO INMEDIATO EN EUROPA.

A FUNDACIÓN GALICIA EUROPA (FGE) TEN PUBLICADO A  “Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais” O manual recolle diversos tipos de colaboración con estes organismos: estadías, prácticas non remuneradas, bolsas de formación, campamentos de verán, intercambios para profesores ou lectores, voluntariado europeo… ata os procedementos para obter postos de traballo en organismos internacionais ou mesmo constituírse en axente contractual da UE.
Ademais, en todo este abano de posibilidades especifícanse os prazos de solicitude, os requisitos, o lugar onde se realizarían as prácticas e ata a retribución ou, no caso de non habela, as fórmulas para obter compensacións económicas.

OUTROS ENLACES DE UTILIDADE SON:


ADICAREMOS OUTRO POST ESPECÍFICAMENTE Á PROCURA DE TRABALLO EN ALEMANIA, XA QUE PARECE QUE A NECESIDADE DE TRABALLADORES NESE PAÍS VAI EN AUMENTO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario