- BOLSAS NO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL: O Tribunal Constitucional convoca 2 bolsas para formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa xestión documental e arquivística dos documentos do Tribunal Constitucional. Para licenciados universitarios, enxeñeiros, arquitectos ou equivalente.
- BOLSA DE DOCUMENTACIÓN E BIBLIOTECONOMÍA NA EGAP:A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da Escola. Para diplomados en biblioteconomía e documentación, ou licenciados en biblioteconomía ou documentación.
- BOLSAS DE XESTIÓN DA TELEFORMACIÓN NA EGAP: A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor. Para titulados de FP de ciclo superior ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática (informática de sistemas, desenvolvemento de aplicacións informáticas, administración de sistemas informáticos, desenvolvemento de produtos electrónicos e informática de xestión) que acrediten ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002.
jueves, 31 de mayo de 2012
BOLSAS DE TRABALLO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario