miércoles, 23 de mayo de 2012

BOLSAS DE TRABALLO PARA LICENCIADOS


A Deputación de Pontevedra convoca seis bolsas de colaboración para Licenciados en Dereito, Ciencias económicas, empresariais ou titulacións equivalentes.

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de seis bolsas de colaboración, en réxime de concorrencia competitiva, para Licenciados en Dereito, Ciencias económicas, empresariais ou titulacións equivalentes, e a creación dunha lista de reserva por se fose necesaria para novas incorporacións durante o ano 2012, para a realización dun programa de formación nas oficinas do ORAL (organismo Autónomo Provincial de Xestión de recursos Locais) da Deputación de Pontevedra, así como a participación en proxectos de investigación e apoio ós técnicos deste organismo, tanto nas oficinas centrais como nas periféricas.
Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnen os seguintes requirimentos:
  • Ser español/a ou ter nacionalidade dun país membro da Unión europea e ser residente no momento da convocatoria desta bolsa de colaboración. Preferiblemente valorarase á residencia na provincia de Pontevedra.
  • Estar en posesión do título de Licenciado en Dereito, Ciencias económicas, empresariais ou titulacións equivalentes, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos, e deberase xustificar documentalmente que esa validación ou recoñecemento está en trámite no momento de solicitar a bolsa.
  • Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste organismo.
  • Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes
  • Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario, que se imputarán á aplicación 12/893.932.48102 do orzamento do ORAL. para o exercicio 2012. 
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do ORAL. e presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00, sito na Avenida de marín, 9, Pontevedra, podendo tamén presentarse nos lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, cos datos que se detallan no artigo 70 da mesma lei, no prazo de 10 días naturais dende a publicación das bases no Boletín oficial da provincia de Pontevedra. ESTA OFERTA PUBLICÓUSE NO BOP DO 18 DE MAIO 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario