miércoles, 29 de febrero de 2012

PATRONATO BEIRAMAR


 Hoxe aproveitamos este foro para vos recomendar a web do Patronato Municipal Beiramar, pertencente ao Concello de Moaña. 

O patronato é un organismo autónomo local de carácter administrativo, constituído polo concello de Moaña coa finalidade de xestionar programas de formación, emprego e desenvolvemento local.

A súa web actulízase a diario, dando una información moi completa sobre ofertas de emprego e formación, non só correpondentes ao concello de Moaña ou á comarca do Morrazo, se non tamén de carácter autonómico, nacional e incluso internacional. Podedes atopar un montón de información de interese, presentada de xeito sinxelo e moi actualizada, como estas ofertas de emprego ou éstas de formación que vos deixamos enlazadas.

Aquí  deixamos o enlace á súa web, que paga a pena estudar con detemento, xa que oferta moita información de uilidade para vós!!
PATRONATO BEIRAMAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario