A Fundación Comité Español dos Colexios do Mundo Unido convoca todos os anos nos meses de novembro un concurso para a adxudicación de dez bolsas para cursar o Bacharelato Internacional nos Colexios que ten esta organización repartidos por 13 países de catro continentes. A dotación das bolsas, con carácter bienal, é de 45.000 €, e inclúe gastos de escolaridade, aloxamento e manutención nos Colexios. A Fundación estudará así mesmo, con carácter extraordinario, a concesión de axudas para facer fronte ás viaxes.
O proceso de selección que se leva a cabo en España réxese polas directrices e recomendacións da organización internacional dos United World Colleges. Conta con varias probas que avalían o mérito persoal do candidato/a que opta ás bolsas, dende un punto de vista humano, académico e social.
Requisitos:
- Posuír a nacionalidade española no momento da convocatoria ou ter vivido en España os últimos oito anos e estar a tramitar a nacionalidade.
- Ter nacido nos anos 1995 ou 1996.
- Estar a cursar 4º da ESO ou 1º de Bacharelato e, en ambos os dous casos, ter aprobado o ano anterior.
- Ter bo expediente académico e coñecementos básicos de inglés.
- Ter cumprido o impreso de acordo coas instrucións finais e a documentación solicitada.
Máis información en http://www.colegiosmundounido.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario