martes, 10 de mayo de 2011

CARNÉS PROFESIONAIS


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, publicará no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais. A obtención do mesmo permite mellorar a inserción laboral dos profesionais coas competencias necesarias que acredita o carné profesional para o desenvolvemento da actividade.
Para participar nas probas para obter o carné é necesario ter un título en FP, agás os novos títulos de FP (LOE) que xa inclúen a formación que permite a súa obtención.

Os carnés e habilitacións convocados para este ano 2011 son:
  • Operador/ora industrial de caldeiras.
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
  • Instalador/ora de gas, categoría A.
  • Instalador/ora de gas, categoría B.
  • Instalador/ora de gas, categoría C.
  • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
  • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
  • Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
  • Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
  • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
  • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Requisitos das persoas aspirantes:
  • Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
  • Cumprir os requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de xuño e remata o 15 de xullo de 2011. As solicitudes presentaranse nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas das probas: A realización das probas non será antes do 30 de setembro de 2011

O pasado ano presentáronse a estas probas en Galicia 928 persoas, das cales un 65% obtivo este carné. Se estades interesados, consultade a web da xunta! MÁIS INFO

No hay comentarios:

Publicar un comentario