A Xunta vén de convocaro 1º programa de axudas dirixido a estudantes universitarios que participen en programas de mobilidade en países extracomunitarios no curso 2011-2012.
Trátase de 90 bolsas de 1.000 euros cada unha, dirixidas a alumnos/as matriculados nalgunha das universidades galegas (Vigo, Coruña ouSantiagode Compostela) ou nalgún centro da UNED en Galicia (que participen en programas de intercambio con algún país extracomunitario).Tamén poderán solicitala aqueles alumnos/as que acrediten ter realizados os últimos tres cursos académicos nalgún centro ou universidade galega e os estudantes estranxeiros non comunitarios que acrediten a condición de residentes
O prazo de solicitude remata o vindeiro 30 de xuño.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario