O Concello de Pontevedra vén de pór en marcha unha iniciativa moi interesante dentro do marco do Pacto Local polo emprego, un proxecto activo de busqueda de traballo denominado "Ponteemprego".
Se trata dun boletín semanal en internet, dende o cal se dará publicidade ás ofertas de emprego, tanto público como privado, dispoñibles na comarca. Tamén terán cabida cantas becas, bolsas e cursos de formación podan servos de utilidade no voso proxecto profesional.
Este boletín estará dispoñible na web do concello, aínda que tamén está aberta a posibilidade de recibilo por correo electrónico, para o que simplemente hai que solicitalo no enderezo iles_administración@concellopontevedra.es.
Eiquí vos deixamos o primeiro exemplar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario