domingo, 28 de febrero de 2010

A BLOGUÍA DO EMPREGO

Recentemente, vén de crearse na rede un manual para crear ou conservar o emprego en tempos de crise. Trátase dunha iniciativa altruista desenvolvida por algúns dos mellores blogueiros no eido da orientación laboral e os recursos humáns. Éstes son os seus tres fundamentos básicos:

1) É totalmente gratuita e accesible, coa finalidade de beneficiar a todos por igual. Así que calquera pode descargala con só ter acceso a Internet.

2) Posúe un enfoque moi diferente aos miles de manuais que están dispoñibles sobre esta materia e aínda va máis aló abarcando a búsqueda en tempos de crise, proporcionando consellos e técnicas máis acordes e específicos para os tempos que corren

3) Todos os autores son blogueiros, e para a súa confección se traballou exclusivamente con ferramentas 2.0. Isto sitúa o proxecto en perfecta armonía coa esencia participativa da Rede e ademáis o convirte nalgo verdaderaimente colaborativo.

Consideramos que esta guía resulta moi completa e actualizada, e que ademáis pode resultar de grande utilidade no deseño do voso proxecto profesional.

Agardamos que así sexa. BLOGUÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario